26/2/17

PULSIÓNS



Os abrazos que non dimos
moran cravados e fenden.
Facer cumbres nas olladas
do quizás
vira un nó entrelazado
que transita no despois.
Na espiral arborescente
teño sede
e camiño polo entramado incerto
nun deserto embrionario
de enrrugas.
Tinguín horizontes claros
nos ceos esvaídos.
Tensei ás cordas do cardio
ata as pulsións infinitas.

Esther

No hay comentarios:

Publicar un comentario

GUILLOTINADO EXPRÉS!!!
Cuchillos afilados, cuchillos sangrantes...
rodarán cabezas... ¡Qué le corten la cabeza!