14/9/15

MAXÍN




Lévasme cara adentro
e gústame non ser unha extranxeira
na túa casa.
Lévasme na segunda escoita, abstraída.
Non quedan folgos
na miña praza
para facer xuizos sumarios
no desencanto das nais.
Non quedan,
naquelas urxencias convulsas
de Mafaldas con_testas
pedindo estragar a sopa
na ausencia de Panero.
Non quedan.
Non quedan,
para xogar ao ultraxe
de estar aberta en canal
exposta a tódas as olladas asasiñas
do dictador.
Eu non quero pensar. E penso.
Perdoa, non quero.
Non quero sufrir máis
na miña obsesión
de non acougar nas cousas, "the things".
Alghén perdoa
nesta impostura de honestidade?
Non importa. Importa.
Non quero, perdoa, quérote ben.
Os condenados a sofrir
gozan da súa liberdade nas horas previas.
Lévasme cara adentro.
Non vou ser executada no meu maxín. Non.
É unha concesión do tempo. Tempo ao tempo.
Vou cara adentro. Non vou.
Non quero ter a mordaza
e, pola liberdade, carguei nas costas.
Non quero,
que me leven os tricornios.
Vou cara adentro.
Sentín. Non sinto.
Sentín disonantes latexos
nas cinchas aprehendidas ás cadeiras
e tireime pola borda nun soplo curto de amor. Esfumei.
Non quero quedar nesta fosa irreparable,
no terreo calificado dos ósos eslabóns.
Hai tempo asumín
o meu bautismo de sangue,
sangue derramada nos choros,
nas crónicas de nadie,
na ollada do outro.
Non foi a mín, non foi premeditado.
Seino.
Non quero morrer de soedade.
O neno tiña razón.
Lévasme cara adentro.
Vou?
No meu maxín, non vou.
Lévasme a amizade?
Vou.


ESTHER FERRER MOLINERO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

GUILLOTINADO EXPRÉS!!!
Cuchillos afilados, cuchillos sangrantes...
rodarán cabezas... ¡Qué le corten la cabeza!