27/11/15

MANIFESTO*



Cando manque o destino
non pronunciarei perversos
das esquelas tinxidas
nas homenaxes dos mortos.
Celebrarei unha festa inaudita
nos cónclaves dos sones
con fragas unxidas,
violas rapsodas
e poetas e cantoras.
Con arlequíns triunfantes
e meninas dançonas,
con claquetas parlantes
de Music Hall
e campanilles di prego.
Con disonantes
Con pálpitos do inferno.
Con desapego no sentido.
Con desengano.

Sucumbirei ó desalento
da floresta xerminal
porque estarei cautiva
nos espazos infames
da decepción.
Caminarei de lonxe,
abandonarei o maltrato
de sermos vexadas.
Silente,
coa morte fuxida na mirada,
extraviada,
pensando só no camposanto
do home.
Porque non quero morrer
contra ós versos,
botando o derradeiro alento.
Porque morro na estrofa,
mais acougo na vida.

Daquela,
só unha ferida quedará,
grande coma_a morte
inmensa coma_a_ausencia
interminábel coma_a dor.

*: Eu poético

ESTHER FERRER MOLINERO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

GUILLOTINADO EXPRÉS!!!
Cuchillos afilados, cuchillos sangrantes...
rodarán cabezas... ¡Qué le corten la cabeza!